Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1130
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto; De iconostasio
Autor/a Anónimo [A gran maioría da produción rusa é anónima, son escasos e excepcionais os artistas coñecidos. En moitos casos, polas características técnicas é posible adscribilas a diversos obradoiros, pero aínda así, na súa inmensa maioría, son anónimos.]
Título Milagre de Chonae
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro [Madeira de biduiero ou tileiro. No seu tempo tivo dúas travesas pola parte traseira das que hoxe só queda unha.]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: dourado, verde, branco, vermello, castaño, azul e negro]
Técnica Talla [Arca e berce]
Pintura a man alzada
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3 cm; Altura = 79,60 cm; Anchura = 76 cm
Descripción Icona de forma rectangular onde se representa a lenda do milagre de Chonae.
Na escena principal aparece o arcanxo san Miguel, con armadura e manto alaranxado, facendo un burato coa súa lanza para que as augas escapen por el e non inunden o mosteiro. No cabelo, o arcanxo leva o que se chama "toroki" ou "slukhi" se presenta unhas manchas brancas na fronte. Trátase dunha cinta con puntas que rematan en voltas e que simbolizan a mediación do arcanxo entre o ceo e a terra. Se Deus envía unha orde, o "slukhi" amósalle ao arcanxo o que o Señor quere que faga. Ao seu carón está Archipo en actitude de roga ás portas do mosteiro. Na esquina superior esquerda pode verse como ascenden polo monte tres personaxes que estarían representando aos pagáns que buscaban inundar o mosteiro.
Iconografia Fondo completo: Milagre de Chonae; Arcanxo San Miguel
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Pintado a man alzada
(1800-1899)
[Caracteres dourados]
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, (do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser das destinadas ao culto xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Situábanse ao lado dos iconostasios ou na parte interior da entrada das igrexas. A partir do século XVII era frecuente introducilas en caixas de madeira e protexelas do fume dos cirios por un cristal.
O arcanxo Miguel aparece no libro de Daniel como príncipe e xefe das hostes celestiais e como protector de Israel (Daniel 10.13 e 12.1). Non obstante, non será ata a chegada da Idade Media cando chegue a ser guerreiro e protector celestial, xa que antes asociábase sobre todo co coidado dos enfermos.
Na antiga Rusia era considerado o protector dos príncipes máis importantes e era común representalo levando unha capa de cor escarlata, que en Bizancio e na Rusia medieval era símbolo da virtude principesca.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Cobas Macías, Cristina
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6